Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (154/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 154/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Domingo Rouco Santos contra a empresa Daviña, S.L., Carlos Manuel Paz Costas, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Antonio Domingo Rouco Santos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Daviña, S.L. e Carlos Manuel Paz (administrador concursal de Daviña, S.L.) declaro o dereito do demandante a percibir a pensión de xubilación parcial no período que abrangue desde o 27.8.2013 ao 18.3.2014, do 75 % da base reguladora de 1.363,68 euros mensuais, coas melloras, revalorizacións e complementos que procedan, e condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e o INSS ao aboamento da prestación correspondente, deixando, así mesmo, sen efecto a reclamación de prestacións efectuada polo INSS ao demandante como prestacións percibidas indebidamente por importe de 166,61 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (art. 191.3.c) LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Daviña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza