Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (335/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 335/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Adolfo González Calo contra Trebalugue, S.L., Pesutori, S.L., administración concursal de Trebalugue, S.L.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña, 16 de xuño de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 335/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Juan Adolfo González Calo, asistido do letrado Ramón Laso González, contra Trebalugue, S.L. e a súa administración concursal, que non comparecen, Pesutori, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan Adolfo González Calo e condeno solidariamente as empresas Trebalugue, S.L. e Pesutori, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.508,79 euros.

Condénase a administración concursal a aterse ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pesutori, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza