Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Áridos (Arigal) depositada co número 72-632-1999.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 31.5.2017, a modificación dos artigos 1 (constitución asociación), 5 (fins), 6 (socios), 39 (tesoureiro) e 44 (modificacion, fusión e disolución) dos estatutos da Asociación Galega de Áridos (Arigal).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: poderán pertencer á asociación todas as persoas físicas e xurídicas, con traballadores ao seu cargo que, reunindo todos os requisitos legais, se dediquen profesionalmente a esta actividade, aínda cando estean tamén integradas noutras agrupacións ou asociacións profesionais en razón da variedade de actividades que realicen.

Asinantes: José Lista Tasende (presidente) e Roberto Almuíña Díaz (secretario).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego