Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia depositado co número 72-1802-1979.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 14.6.2017 a modificación dos seus estatutos.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: traballadores e traballadoras activos, en paro ou á procura do seu primeiro emprego, a mocidade e os pensionistas e xubilados e xubiladas, traballadores e traballadoras autónomos que non teñan empregados ao seu cargo para desenvolveren servizos relacionados coa súa actividade como autónomos, e quen preste o seu servizo baixo o control e a dirección doutra persoa, calquera que sexa a forma xurídica que adopte estea en relación laboral.

Asinantes: Ramón Sarmiento Solla (secretario xeral).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego