Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Médico Profesional de Pontevedra (SMPP) depositada co número 2017-82-2-2.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 8.5.2017, a modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles o relativo ao ámbito territorial, que en virtude de dita modificación pasa a ser autonómico.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: poderán afiliarse ao sindicato aqueles licenciados en Medicina e Cirurxía e titulados superiores vinculados á sanidade autonómica galega que así o desexen.

Asinantes: José Víctor Crespo Comesaña (presidente) e Manuel Rodríguez Piñeiro (secretario).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego