Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación das obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros da residencia de maiores Porta do Camiño (Santiago de Compostela), cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 10/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros da residencia de maiores Porta do Camiño (Santiago de Compostela), cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

b) Referencia de nomenclatura: CPA: 41.00.3, 43.32, 43.34.2; CPV: 45000000-7, 45223000-6, 45223000-7, 45223110-0.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: 10 semanas.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 449.824,11 €. Catrocentos corenta e nove mil oitocentos vinte e catro euros con once céntimos.

IVE: 94.463,06 €. Noventa e catro mil catrocentos sesenta e tres euros con seis céntimos.

Importe total: 544.287,17 €. Cincocentos corenta e catro mil douscentos oitenta e sete euros con dezasete céntimos.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si. 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (22.491,20 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez).

– Información técnica: 981 95 78 79 (Carlos Alberto Vázquez Amorín).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=131896.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do devandito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo terminará o vixésimo sexto día natural ás 23.59 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo San Caetano (15781 Santiago de Compostela).

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío, anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente do indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=131896, con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación desta data.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social