Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (203/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 203/2015 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Caramés Seoane, S.L., e Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Fallo:

Que, estimando a demanda interposta polos demandantes, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno á empresa Caramés Seoane, S.L., a que aboe as seguintes cantidades:

Francisco Álvarez Araújo, 11.847,31 euros.

Nuria de la Trinidad Arrojo García, 10.554,64 euros.

Manuel Antonio Sánchez López, 11.847,31 euros.

José Antonio Sánchez García, 5.323,08 euros.

José Antonio González Fernández, 6.432,37 euros.

Luis Miguel Sánchez López, 11.847,31 euros.

Antonio Pérez Pazos, 3.605,44 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días que se contarán a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Caramés Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza