Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 28 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de caducidade da concesión derivada do permiso de investigación San Román, fracción segunda, número 5534.2 e canteira Ocimar número 241.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Cuarcitas y Ornamentos, S.L., con último domicilio coñecido na Cruz do Lobo, s/n, a resolución de caducidade da concesión derivada do permiso de investigación San Román, fracción segunda, número 5534.2 e canteira Ocimar número 241, da provincia de Lugo, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admistracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso ques xulguen procedente.

Lugo, 28 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo