Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na comunicación de inicio de actividade para a inscrición no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa).

De conformidade co disposto no artígo 46 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprazase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Control de Riscos Ambientais.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de esta publicación.

Contra este acordo, que non pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da la publicación do presente anuncio no BOE.

Pontevedra, 29 de xuño de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Empresa afectada: Lambiscada, S.L.

Acto de notificación: comunicación de inicio de actividade para a inscrición no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) no concello de Vigo.