Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do servizo relativo ao desenvolvemento de traballos para a avaliación fitosanitaria das masas forestais galegas durante os anos 2017 e 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (expediente 8/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo relativo ao desenvolvemento de traballos para a avaliación fitosanitaria das masas forestais galegas durante os anos 2017 e 2018, cofinanciado con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=134603

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 56, do 21 de marzo de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 114.202 €. IVE (21 %): 23.982,42 €. Importe total: 138.184,42 €.

Valor estimado: 171.303 €.

5. Financiamento: cunha participación do 75 % de fondos da Unión Europea, a través do Feader (Medida 8.3. Axuda para a prevención dos danos causados no bosque polos incendios, desastres naturais e catástrofes), nun 7,5 % con fondos da Administración xeral do Estado, e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 7.6.2017.

b) Adxudicataria: Tecmena, S.L.

c) Importe: 99.992,75 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 12 de xuño de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumpre con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural