Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2017/18-2, 8487 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: ampliación de potencia CT Rosende (27AQ63).

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

1. Centro de transformación 100/24/20 B2 intemperie sobre apoio de formigón existente de tipo HVH13/1600, de 100 kVA, para unha tensión nominal de 20 kV e relación de transformación 20.000/400 V, con illante de aceite mineral.

2. Novo interruptor tetrapolar para o CT Rosende (27AQ63). Aproveitase o apoio de formigón existente, que contén o citado centro de transformación xa que son de características físico-mecánicas suficientes e atópase en bo estado.

3. O CT Rosende (27AQ63) aliméntase electricamente a través da LMT aérea existente procedente da saída SAR805 (Portomarín 5) da subestación Sarria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo