Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: ampliación potencia CT Sestelo (27AN78).
Situación: concello de Monterroso.
Características técnicas:
1. Centro de transformación 100/24/20 B2 intemperie sobre apoio de formigón existente de tipo HVH11/1600, de 100 kVA, para unha tensión nominal de 20 kV e relación de transformación 20.000/400 V, con illante de aceite mineral.
2. Novo interruptor tetrapolar para o CT Sestelo (27AN78). Aprovéitase o apoio de formigón existente, que contén o citado centro de transformación xa que son de características físico-mecánicas suficientes e atópase en bo estado.
3. O CT Sestelo (27AN78) aliméntase electricamente a través da LMT aérea existente procedente da saída PAL 807 (Monterroso 7) da subestación Palas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 21 de xuño de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo