Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 24 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5198 Vences, sito no concello de Monterrei.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5198.

Nome: Vences.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionaris: Minas Metálicas del Noroeste, S.L.

Enderezo: rúa Nelson Mandela, 8, entresollado, 15172 Perillo, Oleiros, A Coruña.

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 19.

Recursos: recursos sección C (metálicos).

Concello: Monterrei (Ourense).

Designación:

Vértices

Lonxitude

Latitude

1

7º 29’ 40”

42º 00’ 40”

2

7º 29’ 00”

42º 00’ 40”

3

7º 29’ 00”

42º 00’ 00”

4

7º 28’ 00”

42º 00’ 00”

5

7º 28’ 00”

41º 59’ 00”

6

7º 29’ 40”

41º 59’ 00”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de abril de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense