Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33497

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda de xestión da Axencia Galega de Infraestruturas a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., para a realización de traballos técnicos, que ten as seguintes características:

– Obxecto: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., realizará traballos de apoio técnico á Axencia Galega de Infraestruturas no desenvolvemento daquelas tarefas nas que a experiencia acumulada por Xestur na execución de obras permita complementar o traballo de persoal da mencionada axencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Orzamento: 159.140,70 euros.

– Prazo de vixencia: 18 meses.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas