Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33498

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xuño de 2017 pola que se fai público o Acordo do Pleno do 7 de xuño de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do persoal desta institución.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG número 123, do 29 de xuño de 2017, cómpre facer as oportunas correccións:

– Na páxina 31824:

Na alínea sexta do primeiro parágrafo, onde di: «... do artigo 17.5 da Lei 6/1984...», debe dicir: «... do artigo 17.5 da Lei 6/1985...».

– Na páxina 31827:

No posto código CC.F01.06.02 Axudante de auditoría. Na columna Grupo, onde di: «A2/C2», debe dicir: «A2/C1».

– Na páxina 31828:

No posto código CC.F02.04.04 Técnico de informática. Na columna Formación específ., onde di: «Exp. admón. sist. e anál. aplic.», debe dicir: « Exp. admón. sist. e anál. e desenv. aplic.».