Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33525

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de Galicia en diversas categorías de persoal estatutario.

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 13 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 24 de marzo), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de albanel, carpinteiro/a, costureiro/a, perruqueiro/a e telefonista.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 25 de abril de 2017 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Finalizado o prazo indicado e de conformidade co punto sétimo da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de albanel, carpinteiro/a, costureiro/a, perruqueiro/a e telefonista.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas en cada unha das categorías atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución do 13 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 24 de marzo) pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas nas listas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos