Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33527

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (614/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 614/2017 desta sección, seguidos por instancia de Alfonso Pardiñas Antelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Público de Emprego Estatal, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Movimiento Canalizaciones y Obras, S.L. y Transportes Mariño, S.L., UTE, sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, actuando en nome e representación de Alfonso Pardiñas Antelo contra a sentenza de data quince de novembro de dous mil dezaseis, ditada nos autos 1257/2014 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, seguidos por instancia do recorrente contra Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a empresa Movimiento Canalizaciones y Obras, S.L. e o Servizo Público de Emprego Estatal polo que confirmamos esta na súa integridade.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Movimiento Canalizaciones y Obras, S.L. e Transportes Mariño, S.L. UTE, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 13 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza