Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xuño de 2017 de notificación de período de proba no expediente PON/114/2016-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus interesados ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do período de proba ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/114/2016-RP1, a Jesús Quinteiro Eiras e Sagrario López López, en relación coas obras de construción dunha edificación para uso residencial no lugar do Contrasto, parroquia de Torneiros, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), acordáronse procedentes a práctica de determinadas probas propostas polos interesados, abrindo para o seu desenvolvemento un período de proba polo prazo de 10 días hábiles.

De conformidade co disposto no artigo 77.3 da LPACAP, que dispón que o instrutor do procedemento soamente poderá rexeitar as probas propostas polos interesados cando sexan manifestamente improcedentes ou innecesarias, mediante resolución motivada, acordouse rexeitar determinadas probas propostas polos interesados por ser innecesarias neste expediente, toda vez que non poden desvirtuar os feitos probados neste procedemento consistentes na construción dunha edificación en execución para uso residencial sen licenza en solo rústico, nin poden alterar a favor dos interesados o sentido nin o resultado final da resolución, toda vez que non son relevantes para determinar a compatibilidade ou non das obras executadas co ordenamento urbanístico.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística