Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2017/43-2, 8515 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma do CTC 5139 Ceao 1.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Centro de transformación de potencia máxima admisible de 630 kVA, potencia instalada 400 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V, en edificio non prefabricado, con autoválvulas e seccionadores na parte superior da fachada lateral dereita e esquerda, para a conversión das liñas Ceao 1 e Ceao 2 en condutor aéreo a condutor illado, celas modulares SFS (Ormazábal), máquina 400 kVA 24/20 kV e cadro de baixa tensión máis ampliación.

2. O CT conectarase á rede de AT da compañía distribuidora mediante cable soterrado de tipo de illamento seco kV, 12/20 kV (para redes ata 24 kV de tensión máis elevada) e 26/45 kV (para redes ata 36 kV).

3. A obra civil comprende os traballos de desmonte da porta, construción dun depósito de recollida de aceite, reixa cortalume, anteparo, saneamento, pintado, canalización para instalación de liñas, celas e cadros de baixa tensión, construción de porta de dobre folla con reixa de ventilación, colocación de proteccións de entrada e saída de LMT e saídas de circuíto de baixa tensión e malla electrosoldada equipotencial.

4. A obra eléctrica comprende: desmonte de seccionadores, anteparo e mandos de panca; retiro de máquina de 400 kVA, celas modulares e cadro de baixa tensión máis ampliación para volver instalar, LMT en condutor cable seco RHZ 1 1×240 mm2 Al; ponte 12/20 kV 150 mm2 CT, ponte BT CT (3F + 2N), circuítos de terras interior, de iluminación e protección e iluminación de emerxencia e termómetro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo