Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMTS, CT (compacto), RBT Zadagós (ALL803).
Situación: Sandiás.
Características técnicas:
– LMT subterránea a 20 kV de 1.194 m con condutor RHZ1-2OL 12/20kV1 × 240 mm2 Al e con orixe na LMTS procedente do CT Zadagós (intemperie) expediente 1855 AT e remate na LMTS ao CT Emilia Pardo Fernández (32ACN3).
– RBT aerosubterránea de 110 m en aéreo con condutor RZ e 215 m en subterráneo con condutor HZ1 derivada do CT proxectado Zadagós (compacto) manobra exterior de 160 kVA e R/T 20.000-400-230 V.
Orzamento: 144.426,18 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 19 de xuño de 2017
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense