Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33157

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (8/2016).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 8/2016, seguido por instancia de Inés Lamelas Guntín contra Ángel Ferrero Pérez, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza.

Ourense, 14 de marzo de 2016.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou este edicto no xuízo verbal civil 8/2016 en que é parte demandante Inés Lamelas Guntín, representada pola procuradora Sra. López Calvete, e como demandado Ángel Ferrero Pérez, o cal se declara en situación procesual de rebeldía ao non comparecer ao xuízo, co seguinte:

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos de dereito.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. López Calvete, en nome e representación de Inés Lamelas Guntín, contra Ángel Ferrero Pérez, e na dita razón, este último deberá aboarlle á demandante a cantidade de 1.300 € cos xuros legais do artigo 1108 do Código civil, desde a data da interpelación xudicial, o 3 de decembro de 2014, ata o completo pagamento da cantidade resultante.

En canto ás custas, obsérvese o disposto na epígrafe correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de apelación por razón da contía tal como dispoñen o artigo 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil (LAC) na súa nova redacción.

Así o acordo, mando e asino».

Ao atoparse o dito demandado, Ángel Ferrero Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 7 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza