Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33153

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1478/2017 RMR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1478/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 419/2016 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrente: José Luis Amoedo Fontenla

Graduada Social: Verónica García Fernández

Recorridos: Fogasa, Canalizaciones de Telecomunicaciones y Mantenimientos, S.L., Montajes Cermes, S.L., Excavaciones Jesús Fernández, S.L.

Avogado: Fogasa, Diego Luis Huerta de Uña, (…), (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1478/2017, seguido por instancia de José Luis Amoedo Fontenla contra Fogasa, Canalizaciones de Telecomunicaciones y Mantenimientos, S.L., Montajes Cermes, S.L., Excavaciones Jesús Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto por José Luis Amoedo Fontenla contra a Sentenza de 31 de xaneiro de 2017 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra as entidades mercantís Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L, Montajes Cermes, S.L. e Excavaciones Jesús Fernández, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámalo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Montajes Cermes, S.L. e Excavaciones Jesús Fernández, S.L., en ignarado paradoiro, con último domicilio coñecido na provincia de Pontevedra, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza