Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de xuño de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil na marxe dereita da PO-250, punto quilométrico 0+160, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto (clave PO/16/047.06).

De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil na marxe dereita da PO-250, punto quilométrico 0+160, de clave PO/16/047.06, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Este proxecto ten por obxecto a execución dun itinerario peonil na marxe dereita da estrada PO-250, á altura do p.q. 0+160, que permita a circulación de peóns pola zona e o cruzamento do río Alvedosa con garantías de seguridade, comodidade e accesibilidade, ao atoparse este treito da estrada en pleno núcleo urbano de Redondela, coa conseguinte continua interferencia entre vehículos e peóns.

Por outra banda, na zona da actuación existe, como elemento patrimonial de interese, o cruceiro do Peto de Ánimas de Pasais. A solución proposta no proxecto non afecta o dito cruceiro, non obstante este porase en valor mediante a creación dunha praza ao seu arredor que promova e fomente as visitas, así como a revitalización do contorno e permita unha maior facilidade de mantemento.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións (necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada):

– Reposición de firmes, pavimentos e paso de peóns.

– Execución dun muro e unha pasarela sobre o río Alvedosa.

– Beirarrúa transitable sobre a ponte do río.

– Drenaxe da senda peonil para evitar na base do cruceiro posibles empozamentos de auga.

– Sinalización, balizamento e defensas.

– Reposición dos servizos afectados.

– Instalación de iluminación na senda peonil e no cruceiro.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Redondela (r/ Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto
de construción do itinerario peonil na marxe dereita da PO-250,
p.q. 0+160 (clave PO/16/047.06)

Concello de Redondela.

Expropiacións.

Referencia catastral

Titular

Tipo

Uso ou cultivo

Superficie que se vai expropiar (m2)

Ben afectado

Medición

1

2614601NG3821S0001ZJ

Cernadas Gayoso, Gerardo

Urbano

Residencial

44,40

Muro de fábrica

Valado de tela metálica

9,00 m

9,50 m

Ocupación temporal.

Referencia catastral

Titular

Tipo

Uso ou cultivo

Superficie que se vai expropiar (m2)

Ben afectado

Medición

1

2614601NG3821S0001ZJ

Cernadas Gayoso, Gerardo

Urbano

Residencial

48,72