Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición do expediente RE-AXU-2017-0043 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente RE-AXU-2017-0043 e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas, no prazo de dez días (10) hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no taboleiro de edictos único (TEU).

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

RE-AXU-2017-0043

Mariscos Brucamar, S.L.

B94047248

Resolución recurso de reposición

Lg. Campos, 50 A, 2º esq., O Grove

RE-AXU-2017-0044

Xesintec Asesoría e Formación, S.L.

B94140340

Resolución recurso de reposición

Rúa Castelao, 177, baixo, O Grove