Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33146

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2017/18 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2017 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 120, do 26 de xuño de 2017, é necesario efectuar as seguintes modificacións:

Na base vixésimo segunda.3, na páxina 31319, onde di:

3. O persoal interino e substituto do corpo de mestres que estea nunha situación das que se relacionan a continuación poderá renunciar á resolución provisional sen perder o número de orde na lista correspondente e sen que se admitan renuncias parciais:

– Para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

Debe dicir:

3. O persoal interino e substituto que estea nunha situación das que se relacionan a continuación poderá solicitar non participar nesta convocatoria ou renunciar á resolución provisional sen perder o número de orde na lista correspondente e sen que se admitan renuncias parciais, nos supostos recollidos no punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995 e que a continuación se relacionan:

– Para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

– Excepcionalmente, para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, en segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.