Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33119

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente.

O artigo 320 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, establece que corresponde ao órgano de contratación nomear aos membros da mesa de contratación.

O artigo 21.4 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público, establece que a designación dos membros da mesa de contratación poderá facerse con carácter permanente ou de maneira específica para a adxudicación de cada contrato. Se é permanente, a súa composición deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Para dar cumprimento ao citado Real decreto 817/2009 publicouse o día 3 de outubro de 2012 (DOG nº 189) a Resolución do 3 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, onde se facía pública a composición e funcionamento da mesa de contratación permanente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

Con data 31 de marzo de 2017 publicouse no DOG nº 64 o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda que no seu artigo 18.2.2 asigna a función de asistencia ás mesas de contratación ás xefaturas de servizo de auditoría de cada unha das estruturas de xestión integradas do Servizo Galego de Saúde e, de ser o caso, propor a un funcionario que o substitúa.

Polo anteriormente exposto e en virtude das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, pola que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e deléganse competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo),

ACORDO:

Primeiro

Modificar a Resolución do 3 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fan públicos a composición e funcionamento da mesa de contratación permanente no seu apartado primeiro de «Composición da mesa de contratación», onde se substitúe: «1. Un representante da Intervención Territorial da Consellería de Facenda» por, «1. O xefe de servizo de auditoría da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés ou funcionario que lle substitúa».

Procede modificar, así mesmo, o apartado segundo de: «Normas de funcionamento da mesa de contratación», onde se substitúe: «e o representante da Intervención Territorial Delegada» por: «e o xefe de servizo de auditoría da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés ou funcionario que lle substitúa».

No mesmo apartado modifícase: «o capítulo II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común» por: «capítulo I, sección 3ª da Lei 40/2015, do 2 de outubro, do réxime xurídico das administraciones públicas».

Segundo. Publicación e data de efectos

A presente modificación entrará en vigor para todas as mesas de contratación que teñan lugar a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 14 de xuño de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés