Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (390/2015).

PO procedemento ordinario 390/2015

Procedemento orixe: /

Sobre clasificación profesional

Demandante: Leticia López Martínez

Demandados: José Antonio Iglesias Garaboa, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Leticia López Martínez contra José Antonio Iglesias Garaboa, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por clasificación profesional, rexistrado co número de procedemento ordinario 390/2015, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salon, S.L., e Diseño Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que comparezan o día 2.10.2017 ás 13.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso xuízo, aos cales poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

Os indicados pola parte demandante no outrosí segundo do escrito de demanda cuxa copia se encontra ao seu dispor na oficina xudicial.

Advírteselle que se os citados documentos non se presentan no xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., a Team Salon, S.L., e a Diseño Pontevedra, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza