Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (460/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 460/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agripina Barreiro Ceruelo contra Mourenza Automoción, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, comunidade de propietarios do Edificio Saudade, M. Liste, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Agripina Barreiro Ceruelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, comunidade de propietarios do Edificio Saudade, M. Liste, S.L. e Mourenza Automoción, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir unha pensión de xubilación calculada coa porcentaxe do 88 % sobre a base reguladora de 618,07 euros mensuais, cos complementos, melloras e revalorizacións que legalmente correspondan, e o aboamento dos atrasos correspondentes; con declaración da responsabilidade da comunidade de propietarios do Edificio Saudade, pola falta de alta e cotización da demandante no período que abrangue desde o 1 de xaneiro de 1987 ao 10 de novembro de 2011, e das mercantís M. Liste, S.L. e Mourenza Automoción, S.L., pola falta de alta e cotización da demandante no período que abrangue desde o 1 de xuño de 1982 ao 30 de setembro de 1998, con responsabilidade nas diferenzas da prestación de xubilación correspondiente á demandante, con obriga de anticipo da pensión de xubilación correctamente calculada polo INSS e sen prexuízo do dereito de repetición que lle corresponda contra as codemandadas.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c), da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Para que lle sirva de notificación en legal forma a M. Liste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza