Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32903

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 479/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 479/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Cambiazo de Pedro contra Rocha y Blanco, S.L. e outros, sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Admito parcialmente a demanda presentada por Andrea Cambiazo de Pedro, asistida polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra Raúl Antonio Rocha Amor e María Dolores Blanco Sánchez, ambos representados pola letrada Sra. Ferreiro Abelairas; e Rocha Blanco, S.L., representada polo seu administrador Raúl Ángel Rocha Blanco, e, en consecuencia:

Estimo a excepción de falta de lexitimación pasiva oposta por Raúl Antonio Rocha Amor e María Dolores Blanco Sánchez, os cales absolvo de todos os pedimentos deducidos contra eles.

Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 3 de xuño de 2016, e condeno Rocha Blanco, S.L. a estar e pasar por esta declaración.

Condeno Rocha Blanco, S.L. a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución opte, comunicándoo a este xulgado por escrito ou mediante comparecencia, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 3 de xuño de 2016 até a data de notificación da presente resolución, a razón de 32,46 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 10.241,13 euros.

Se non exercer en tempo e forma a opción, considerarase que procede a readmisión e o aboamento de salarios de tramitación.

Non hai lugar a impor á parte demandante as custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor ante este xulgado recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0479-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente-causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0479-16, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na instancia».

E para que sirva de notificación en forma a Rocha y Blanco, S.L., expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza