Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1111/2014 por instancia de Elisa Fraga Trujillo contra Berca Patrimonio, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 30 de maio de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Estímase parcialmente a demanda formulada por Elisa Fraga Trujillo contra a empresa Berca Patrimonio, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:
– Condénase a empresa Berca Patrimonio, S.L. a lle aboar a Elisa Fraga Trujillo a cantidade de dous mil cincocentos seis euros con once céntimos de euro (2.506,11 euros), os conceptos salariais devindicarán o xuro de demora previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.
Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Berca Patrimonio, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 16 de xuño de 2017
A secretaria xudicial