Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1020/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1020/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa García Vidal contra Naval Metalúrgica Donis, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 1020/2016, acumulado despedimento 433/2017.

Demandante: María Luisa García Vidal.

Letrado: Sr. Pousa Merens.

Demandados: Naval Metalúrgica Donis, S.L., Fogasa.

Sentenza número 364/2017.

A Coruña, 31 de maio de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A demandante presentou o día 3.11.2016 ante o decanato desta cidade unha demanda sobre resolución de contrato fronte á empresa demandada, que foi dirixida a este xulgado dando lugar ao presente procedemento e na cal, tras facer as alegacións de feito e de dereito que tivo por oportunas, remataba solicitando a resolución do contrato con dereito á indemnización legalmente prevista, así como a reclamación de cantidades debidas que actualizou en data e xuízo.

Ao devandito procedemento acumulouse o DSP 433/2017, no cal a demandante reclamaba que se declare improcedente o despedimento sufrido e se condene a empresa demandada nos termos recollidos no suplico da súa demanda.

Segundo. Sinalouse como data para a celebración do xuízo a do 31.5.2017. Compareceu a parte demandante soamente; dada conta dos autos, a parte demandante afirmouse e ratificouse na demanda; practicouse a proba proposta e admitida. Finalmente, formuláronse conclusións, tras o que quedaron os autos vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación do presente xuízo observáronse e cumpríronse as disposicións legais.

Resolución:

a) Estimo as accións, sobre resolución de contrato e despedimento, formuladas por María Luisa García Vidal fronte a Naval Metalúrgica Donis, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a traballadora demandante e o empresario demandado, por causas imputables a este, e condeno o demandado a aboarlle a cantidade total de 18.055,43 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante que tivo lugar o 30.12.2016 e condeno a empresa demandada a satisfacer ao demandante os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución a razón de 64,38 euros día (152 días): total 9.785,76 euros brutos.

b) Estimo a acción, sobre reclamación de cantidade, formulada por María Luisa García Vidal fronte a Naval Metalúrgica Donis, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 18.055,43 euros brutos polos salarios devindicados e non satisfeitos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Naval Metalúrgica Donis, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza