Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de licitación da adxudicación da xestión do servizo de axuda no fogar.

O Pleno Municipal, en sesión do 29 de maio de 2017, acordou aprobar o expediente de contratación e iniciar os trámites para a contratación que se indica e, para tal efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e ordenou anunciar a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicataria:

a) Concello de Ribadumia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c) Obtención de documentación e información:

Dependencia: Secretaría-Intervención.

Enderezo: avenida de Ribadumia, 3, 36636 Ribadumia.

Teléfono: 986 71 84 91/986 71 84 99.

Fax: 986 71 63 17.

Enderezo do perfil do contratante: www.ribadumia.org

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizo de axuda no fogar.

b) Descrición: prestación dos servizos de axuda no fogar de prestación básica (libre concorrencia) e servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia valorada.

c) CPV: 8520000-5.

d) Duración do contrato: o prazo de duración inicial será de catro (4) anos, prorrogable anualmente ata un máximo total de seis (6) anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: pluralidade de criterios segundo o establecido na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato e tipo de licitación:

Orzamento do contrato anual: o importe do contrato é o seguinte:

Hora

Orzamento licitación/hora

% IVE

Importe IVE

Orzamento licitación

(IVE incluído)

Ordinaria dependencia

12,00 €

4 %

0,48 €

12,48 €

Extraordinaria dependencia

13,50 €

4 %

0,54 €

14,04 €

Ordinaria prestación básica

12,00 €

10 %

1,20 €

13,20 €

Horas estimadas:

A) Para o servizo de axuda no fogar básico, pártese dunha previsión de 1.488 horas/ano, a 12,00 euros/hora, o que fai un total de 17.856,00 euros, máis o 10 % de IVE: 1.785,60 euros.

B) Para o servizo de axuda no fogar-dependencia, pártese dunha previsión de 11.125 horas, das cales 8.750 serían en días laborables e 2.375 en fins de semanas ou festivos, co que o cálculo sería o seguinte:

– Días laborables: 8.750 horas a 12,00 euros/hora, o que fai un total de 105.000 euros, máis un 4 % de IVE: 4.200,00 euros.

– Fins de semanas e festivos: 2.375 horas, a 13,50 euros/hora, o que fai un total de 32.062,50 euros, máis o 4 % de IVE: 1.282,50 euros.

O valor estimado máximo anual é de 154.918,50 euros, IVE excluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: o 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: indícase nas cláusulas 11 e 15 do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os que se indiquen no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: vinte e seis días naturais, contados desde a última das publicacións do anuncio deste procedemento aberto no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no perfil do contratante do Concello de Ribadumia. Se o último día do prazo coincide en sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Ribadumia. Avenida de Ribadumia, 3, CP 36636 Ribadumia.

c) Modalidade de presentación: a sinalada no prego de cláusulas administrativas.

d) Documentación que cómpre presentar: presentarase en tres sobres pechados:

O sobre A de «Documentación xeral»; sobre B de «Documentación técnica suxeita a criterios non avaliables automaticamente»; e sobre C de «Oferta económica e documentación técnica suxeita a criterios avaliables automaticamente», coas prescricións e co contido que se sinalan na cláusula 11ª do prego.

8. Apertura de ofertas:

Segundo o establecido na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas, no día e na hora que se indicarán mediante publicación no perfil do contratante municipal.

9. Gasto da publicación: será por conta do adxudicatario (cláusula 17 do prego).

Ribadumia, 9 de xuño de 2017

David J. Castro Mougán
Alcalde