Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación de subministración de formigóns e materiais de construción.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 79.256-250.

2. Obxecto do contrato: a subministración de diverso material (formigón e morteiros, agregados e materiais de construción e de ferretaría) para os traballos que desenvolve nas obras de mantemento e reparación o taller de fomento.

División por lotes e número de lotes: si, 4. Lote 1: formigóns e morteiros; lote 2: agregados; lote 3: materiais de construción; lote 4: materiais de ferretaría.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 917.355,37 euros. IVE a soportar pola Administración: 192.644,63 euros. Orzamento total: 1.110.000,00 euros. Dotación por lotes: lote 1: 330.578,51 €; lote 2: 132.231,40 €; lote 3: 371.900,83 €; lote 4: 82.644,63 €.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior á unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o día 9 de agosto de 2017.

Documentación: a exixida na cláusula 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, núm. 1 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:–.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 26 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación