Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de contratación do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos.

Contratación do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos do Concello de Malpica de Bergantiños:

0. Regulación harmonizada

Contrato suxeito a regulación harmonizada (ex artigo 16.1.b do TRLCSP)

1. Obxecto do contrato

Servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no Concello de Malpica de Bergantiños

1.bis. Codificación

Categoría: 16

Designación do servizo:

Núm. ref. CPC: 94

Código CPC: 94000

Código CPV: 90511100-3

Servizos de rede de sumidoiros e eliminación de regugallos.

Servizos de rede de sumidoiros, lixo, limpeza e o ambiente.

2. Orzamento base de licitación

(tipo de licitación sen IVE)

557.137,29 euros

2.bis. Orzamento do contrato

(orzamento de licitación + IVE do 10 %)
(en termos anuais)

153.212,75 euros

(139.284,32 euros + 13.928,43 euros en concepto de IVE do 10 %).

2.ter. Valor estimado do contrato

891.419,65 euros

2.quáter. Valor anual medio do contrato

139.284,32 euros

3. Aplicación orzamentaria

1621.22799

4. Duración do contrato. Prórroga.

Data de inicio da execución do contrato

O prazo de duración do contrato será de catro anos, máis dous anos de prórroga (4+1+1).

A data de inicio da execución do contrato é a seguinte á data de sinatura do documento de formalización do contrato.

5. Solvencia económico-financeira

Solvencia técnica

O licitador que presente a oferta máis favorable deberá acreditar a solvencia económica e financeira e solvencia técnica polos seguintes medios exclusivamente (A+B).

A.1. Para a solvencia económica-financeira:

O licitador que presente a oferta máis favorable deberá acreditar a solvencia económica e financeira polo seguinte medio, exclusivamente:

– Volume anual de negocios no ámbito da recollida de residuos sólidos urbanos que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, deberá ser, polo menos, unha vez e media o valor anual medio do contrato (é dicir, polo menos 208.926,48 €). O volume anual de negocios do licitador acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no dito rexistro, e en caso contrario, polas depositadas no Rexistro Oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

A.2. Para a solvencia técnica e profesional:

O licitador que presente a oferta máis favorable deberá acreditar a solvencia técnica e profesional polo seguinte medio exclusivamente (achegando a seguinte documentación):

a) Unha relación dos principais servizos ou traballos do mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato, avalados por certificados de boa execución, exixíndose para a acreditación da solvencia técnica ou profesional a experiencia na realización de traballos do mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato, sendo requisito mínimo que o importe anual acumulado no ano de maior execución sea igual ou superior ao 70 % da anualidade media do valor estimado do contrato (97.499,02 €). Para os efectos de determinar a correspondencia entre os traballos acreditados e os que constitúen o obxecto do contrato, existindo clasificación aplicable (grupo R, subgrupo 5) atenderase ao grupo e subgrupo de clasificación ao que pertencen uns e outros e nos demais casos á coincidencia entre os dous primeiros díxitos dos seus respectivos códigos CPV, considerando que o código CPV do contrato é o 90511100-3. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados de boa execución de contratos dos relacionados na lista anterior. Para esta acreditación, cando o destinatario da prestación fose unha entidade pública, o licitador presentará un certificado expedido ou visado polo órgano competente, que deberá incluír a indicación do seu código CPV, o importe e as datas de prestación do servizo. Cando o destinatario da prestación sexa un suxeito privado, a acreditación cubrirase mediante un certificado ou declaración responsable expedido polo mesmo destinatario, que deberá incluír, en todo caso, a indicación do código CPV, o importe e as datas de prestación do servizo (en caso de que o destinatario sexa unha persoa xurídica, poderase exixir poder de representación para en nome da entidade emitir o correspondente certificado/declaración).

b) Acreditación da inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia nas epígrafes correspondentes exixidas no artigo 3.2 deste prego.

5.bis. Clasificación do contratista*

Grupo: R.

Subgrupo: 5. Recollida e transporte de residuos.

Categoría: 1.

De acordo coa disposición transitoria terceira do Real decreto 773/2015, entenderase equivalente a clasificación no grupo R, subgrupo 5 a, categoría A, obtida segundo a redacción orixinal do Real decreto 1098/2001.

Segundo o artigo 74.2 do TRLCSP, a clasificación do contratista neste grupo, subgrupo e categoría acreditará a súa solvencia para a realización do contrato.

6. Forma e medio de consulta. Lugar e horario de presentación das ofertas

– Consulta: Concello de Malpica de Bergantiños, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas e no perfil do contratante do Concello de Malpica de Bergantiños. Páxina web plataforma de contratos públicos de Galicia:
www.contratosdegalicia.gal

Á citada páxina tamén se poderá acceder a través do enlace creado na páxina web municipal www.concellodemalpica.com

Teléfono: 981 72 00 01

Fax: 981 72 16 27

– Presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Malpica de Bergantiños (avenida Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños).

Días de apertura e horario do rexistro: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Acceso aos pregos de cláusulas administrativas e técnicas: no perfil do contratante do Concello de Malpica de Bergantiños.

Páxina web www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp

Á citada páxina tamén se poderá acceder a través do enlace creado na páxina web municipal www.concellodemalpica.com

6.bis. Identificación dos órganos competentes (adicional 33 do TRLCSP)

Rexistro de presentación de facturas:

Rexistro de Entrada do Concello de Malpica de Bergantiños sito na avenida Emilio González López, nº 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

Días de apertura e horario do rexistro: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Identificación necesaria para a presentación de facturas electrónicas:

Organismo: LO1150434 Concello de Malpica de Bergantiños.

Oficina contable: LO1150434 Concello de Malpica de Bergantiños.

Órgano xestor: LO1150434 Alcaldía.

Unidade tramitadora: LO1150434 Intervención.

7. Prazo de licitación

Corenta (40) días naturais contados desde a data de envío do anuncio do contrato á Comisión Europea (artigos 159.1.I e 159.1.III do TRLCSP).

O anuncio da licitación no BOE e no BOP realizarase cunha antelación mínima de quince (15) días ao da data de finalización do prazo de licitación (artigo 159.1.IV do TRLCSP).

7.1. Data de remisión de anuncio ao DOUE

15 de xuño de 2017

8. Publicidade da licitación

Publicidade mediante anuncio no perfil do contratante

X

Publicidade mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia

X

Publicidade mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado

X

Publicidade mediante anuncio no Diario Oficial de la Unión Europea

X

Publicidade mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia

X

8.bis. Publicidade da adxudicación e formalización (indícase a opción elixida)

Perfil do contratante: plataforma de contratos da Xunta de Galicia

(www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp)

Publicidade da adxudicación (ex artigo 151.4 do TRLCSP): perfil do contratante.

Publicidade da formalización do contrato (artigo 154 do TRLCSP):

a) No perfil del contratante

X

b) No BOP

X

c) No BOE

X

d) No DOUE

X

9. Garantía definitiva

5 % do tipo de adxudicación (ex artigo 95.1 do TRLCSP)

10. Taxas del contrato

– Taxa por expedición da dilixencia de verificación de suficiencia de poderes: 20 €.

– Taxa de formalización: 0,005 do importe de adxudicación excluído o IVE (Ordenanza fiscal nº 5 do Concello de Malpica de Bergantiños, BOP da Coruña nº 61, do 16 de marzo de 2005).

11. Revisión de prezos

Non procede (cláusula 8 do PCAP)

12. Importe máximo gastos de publicidade de licitación por conta do contratista

Total: 2.000 €

13. Prazo de garantía

Non se establece

14. Variantes ou melloras (indicar opción elixida) (cláusula 10 do prego)

Admítese a presentación de variantes

Admítese a presentación de melloras

X

15. Criterios adxudicación

Cláusula 11 do PCAP

16. Outras informacións

Contrato suxeito a regulación harmonizada (SARA) susceptible de recurso especial en materia de contratación

* Nota: o licitador poderá, de acordo co artigo 11.3.II do RGLCAP, acreditar a súa solvencia indistintamente mediante a súa clasificación (ep. 5 bis anexo I) ou mediante o cumprimento dos requisitos específicos de solvencia establecidos neste prego (ep. 5 anexo I).

Malpica de Bergantiños, 15 de xuño de 2017

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde