Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral en quenda libre.

Faise público que no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 99, do 2 de maio de 2017, foi publicado o anuncio relativo á modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

A dita modificación foi aprobada pola Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de marzo de 2017.

Lugo, 11 de maio de 2017

A alcadesa presidenta en funcións
P.D. (Decreto 16005312, do 5 de xullo)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal