Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2017 polo que se notifica o apercibimento para o cumprimento da obriga de repor imposta no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico de clave DH.D36.16465, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Elisa Santorum Calo o apercibimento para o cumprimento da obriga de repor imposta na resolución do expediente sancionador DH.D36.16465.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada poderá comparecer, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado apercibimento e constancia de tal coñecemento, prazo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia