Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de deseño, promoción e realización da terceira edición da Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, tramitado polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 16 de marzo de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: planificación, deseño e realización da terceira edición da Gala Show Cooking para a elección do Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, así como as tarefas de promoción, comunicación e difusión do evento.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 37.190,08 €.

IVE (21 %): 7.809,92 €.

Importe total, IVE incluído: 45.000 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xuño de 2017.

c) Adxudicataria: Cyex Congresos, S.L.

d) Importe de adxudicación: 44.649 €.

Importe sen IVE: 36.900 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia