Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016 polo que se notifica o requirimento ditado nun expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (clave DH.D27.55535).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Esperanza Loureiro Fanego o requirimento do 29 de novembro de 2016, ditado en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a interesada poderá comparecer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento, prazo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia