Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 13 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00007-O-2017 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00007-O-2017 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados/as de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 13 de xuño de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00007-O-2017

5296-CZV

Ocio Beade, S.L.U.

B27766468

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.9.2016; 00.34; PO-403; 10,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00073-O-2017

PO-4700-AN

Distribución de Productos y Refrige

B3663345

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

1.10.2016; 11.03; PO-552; 13,0

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-00122-O-2017

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
12.10.2016; 20.22; PO-308; 12,5

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00304-S-2017

1666-DKM

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.10.2016; 9.25; avda. Galicia con camiño Xorxa

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00520-O-2017

PO-4699-AN

Distribución de Productos Refrigerados, S.L.

B36633345

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

5.11.2016; 7.35; N-550; 127,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-00877-S-2017

5008CRL

Vgs Consumibles 2010, S.L.

B32402364

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

29.10.2016; 10.13; rúa Elduayen sentido a Paseo Alfonso XII

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-01128-O-2017

9178-FKC

Antonio Ildefonso Sánchez Llamas

10202783Y

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

16.2.2017; 7.59; AP-9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01137-O-2017

M-1160-TJ

Xestión Ecolóxica de Galicia, S.L.

B94119476

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

18.2.2017; 16.45; VG-4.1; 23,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-01637-S-2017

3640JSN

Pablo Castro Iglesias

35311506C

A realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.
13.3.2017; 1.36; avda. Compostela (Inmediaciones Estadio Pasarón)

Art. 61.c) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

601 euros

PO-01659-O-2017

8252-CRD

Construcciones y Excavaciones Castaño, S.L.

B15503253

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.
28.3.2017; 13.15; PO-11; 3,4

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros