Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución do expediente CAZ-OU-0144/2016-V e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento CAZ-OU-0144/2016-V e catro máis.

Os actos foron adoptados pola directora xeral de Patrimonio Natural.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente: CAZ-OU-0144/2016-V.

Interesado: Arsenio Fidel Prieto Martínez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Expediente: ANI-CO-0002/2017-V.

Interesada: María del Pilar Pérez Zufiaurre.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Expediente: ANP-LU-0102/2016-V.

Interesado: Antonio José Fernández Porto.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Expediente: ANI-CO-0023/2016-V.

Interesado: Luis López López.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Expediente: ANP-CO-0009/2017-V.

Interesado: Luis Teira Muñiz.

Acto de notificación: resolución do procedemento.