Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32486

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2017 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B da Orde do 11 de abril de 2017, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

A Orde do 11 de abril de 2017 (DOG núm. 81, do 27 de abril) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante GAIN), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG para dar continuidade á formación das persoas investigadoras que obtiveron unha praza na convocatoria do ano 2013 da modalidade A do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 31 de marzo de 2017 e que acadaron unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2012 que por circunstancias especiais tivesen concedido o aprazamento da avaliación e acaden unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2 do anexo II os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formularen reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron avaliadas por un equipo de avaliadores formado por expertos de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregouse á comisión de selección definida no artigo 10 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para o órgano instrutor no cal figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas.

A competencia para resolver estas axudas corresponde á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección reunida o día 21 de xuño de 2017, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade B de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 11 de abril de 2017 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa formación posdoutoral que se relacionan no anexo I.

Segundo. Non incluír lista de espera por non haber solicitudes que superen a nota mínima indicada no artigo 5 do anexo II da convocatoria.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas no citado anexo entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 30 de xuño de 2017, agás para as persoas non comunitarias que poderán asinar o contrato ata o 31 de agosto de 2017.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 14 da bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 20 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.444.0

UDC

3

41.316,66

117.000,00

75.683,34

234.000,00

USC

11

151.494,42

429.000,00

277.505,58

858.000,00

UVIGO

6

82.633,32

234.000,00

151.366,68

468.000,00

Total

 

20

275.444,40

780.000,00

504.555,60

1.560.000,00

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.744.0

UDC

3

15.000,00

30.000,00

30.000,00

75.000,00

USC

11

55.000,00

110.000,00

110.000,00

275.000,00

UVIGO

6

30.000,00

60.000,00

60.000,00

150.000,00

Total

 

20

100.000,00

200.000,00

200.000,00

500.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas cos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Axudas concedidas

Universidade da Coruña.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2017/009

UDC

García

Salido

Marcos

Artes e Humanidades

90

ED481D 2017/011

UDC

Díaz

Tapia

Pilar

Ciencias

84

ED481D 2017/023

UDC

Vaamonde

García

Carlos

Ciencias da Saúde

77

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2017/004

USC

Moure

Pazos

Iván

Artes e Humanidades

96

ED481D 2017/022

USC

Rodríguez

Corral

Javier

Artes e Humanidades

95

ED481D 2017/014

USC

López

Costas

Olalla

Artes e Humanidades

94

ED481D 2017/013

USC

Espinosa

Espinosa

David

Artes e Humanidades

92

ED481D 2017/002

USC

Sánchez

Hernández

Javier

Ciencias

88

ED481D 2017/015

USC

Pérez

Barcala

Gerardo

Artes e Humanidades

88

ED481D 2017/020

USC

Díaz

Lage

Santiago

Artes e Humanidades

87

ED481D 2017/021

USC

Buceta

Fernández

David

Ciencias

86

ED481D 2017/003

USC

González

Mariño

Iria

Ciencias

84

ED481D 2017/016

USC

Martín

Seijo

María

Artes e Humanidades

80

ED481D 2017/008

USC

de Llano

Neira

Pedro

Artes e Humanidades

76

Universidade de Vigo.

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2017/017

UVIGO

Simón

Vázquez

Rosana

Ciencias da Saúde

98

ED481D 2017/010

UVIGO

Riveiro

Rodríguez

Antonio

Enxeñaría e Arquitectura

87

ED481D 2017/005

UVIGO

Aranguren

Gassis

María

Ciencias

81

ED481D 2017/006

UVIGO

Fernández

Carrera

Ana

Ciencias

80

ED481D 2017/012

UVIGO

de la Calle

González

Inmaculada

Ciencias

76

ED481D 2017/018

UVIGO

Santiago

Iglesias

José Andrés

Artes e Humanidades

75