Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de xuño de 2017, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberase efectuar ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de xuño de 2017

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE

44180

Manuel González Díaz

*****963S

65576

María Jesús Otero Carreira

*****797C

77081

Francisco Javier Moreiras Remeseiro

*****681G

78120

Laura Ferral Martín

*****262M

78140

Óscar Pérez Casal

*****385W

78253

Lorena Barcala Ares

*****874J

78254

Sonia Giménez Fernández

*****120C

78383

Tamara Casas Roca

*****926C

78396

Ángel Iglesias Recarey

*****839L

78415

Rosa María Giménez Jiménez

*****879L

78478

María José Vázquez Varela

*****738N