Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, relativa ao servizo de realización dos postos e servizos complementarios para a participación en feiras ou certames, tramitado por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: realización dos traballos de deseño, realización, decoración, equipamentos, montaxe e desmontaxe, posta en funcionamento, mantemento, limpeza, equipo, seguros, transportes e almacenaxe dos postos que utilizará a Axencia Turismo de Galicia para a súa presenza nas feiras ou certames, e servizo da xestión, pagamento, coordinación do aloxamento, transportes, loxísticas necesarias para as viaxes e estancias do persoal interno e externo designado pola ATG.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato empezará a contar a partir do día seguinte á data de formalización do contrato e rematará o 31 de decembro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 600.000 €.

IVE (21 %): 126.000 €.

Importe total IVE incluído: 726.000 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia. Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=176450

Información sobre a contratación:

Teléfono 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o 18 de agosto de 2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B e sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia, na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia