Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de organización e desenvolvemento das escolas deportivas municipais (expediente SE/A1/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, núm. 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía, e determinados actos: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: servizos. Descrición: prestación de servizos de organización e planificación de carácter deportivo.

3. Procedemento e tramitación: aberto e ordinaria. Criterios de adxudicación: 1º Oferta económica: ata 10 puntos; 2º Calidade da memoria técnica: ata 8 puntos; 3º Melloras (material que se vai subministrar): ata 2 puntos.

4. Orzamento base de licitación: 28,01 € prezo/hora (IVE incluído).

Valor estimado do contrato: 175.143,52 €.

5. Prazo de execución do servizo: do 1.9.2017 ao 31.8.2019; cabe unha prórroga do 1.9.2019 ao 31.8.2020.

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVE.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, núm. 2, 32300 Ourense; teléfono: 988 32 02 02; telefax: 988 32 59 78; enderezo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org; perfil de contratante: https://sede.concellodobarco.org/

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no perfil de contratante.

9. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a cláusula 10ª do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 28 de xuño de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde