Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada, da execución das obras públicas hidráulicas de saneamento e depuración en Ferrón-Suairexa-O Piñeiro en Sober, e abastecemento de auga ao núcleo de Prado en Friol, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: saneamento e depuración en Ferrón-Suairexa-O Piñeiro. Sober (Lugo).

Número de expediente: OH.327.631.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 317.510,33 euros. Importe total: 384.187,50 euros.

Prazo de execución (meses): tres (3).

Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 2 ou no grupo E, subgrupo 1, categoría c ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 222.257,23 euros.

CPV: 45232410-9.

b) Descrición e lugar de execución: abastecemento de auga ao núcleo de Prado. Friol (Lugo)

Número de expediente: OH.227.664

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 148.160,76 euros. Importe total: 179.274,52 euros.

Prazo de execución (meses): doce (12).

Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 1 ou no grupo E, subgrupo 1, categoría b ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 103.712,53 euros.

CPV: 45232150-8.

3. Financiamento europeo.

Estas actuaciones serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

5. Garantías exixidas

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia: acreditarase mediante a clasificación indicada para cada contrato ou mediante as condicións mínimas de solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e solvencia técnica coa relación das obras executadas co importe mínimo sinalado, para cada unha delas, nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 31 de xullo de 2017.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 14 de agosto de 2017 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para seren adxudicatarios, proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

10. Outras informacións.

– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada nos cadros de características dos contratos.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Admisión de melloras e modificacións contractuais previstas: poderanse ofertar melloras e prevese a posibilidade de eventuais modificacións contractuais nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, farase pública esta circunstancia no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia