Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0118/2017-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0118/2017-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 16 de xuño de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0118/2017-PPM

Pascual García Cortiñas

33331667K

Inicio

R/ Neda, 2, baixo dta., Ferrol

PSC-FE-0121/2017-PPM

Manuel López Cabanas

32633730L

Inicio

R/ Almendra, 29-31, 5º esqda., Ferrol

PSC-FE-0123/2017-PPM

Juan Francisco Martínez Romaus

32664846Q

Inicio

R/ Real, 25, Mugardos

PSC-FE-0125/2017-PPM

David Toimil Romero

32721798C

Inicio

Travesía de Bazán, 8-10, 2º esqda., Ferrol

PSC-FE-0130/2017-PPM

Modesto Rodríguez García

79339617J

Inicio

R/ Doutor Tomás Pita Álvarez, 2, ptl. A, Cedeira

PSC-FE-0136/2017-PPM

José Luis Salazar Suárez

32689059X

Inicio

R/ Fernando VI, bl. 1, ptl. 2, 4º B, Ferrol

PSC-FE-0140/2017-PPM

Andrés Ríos Maceiras

79331806E

Inicio

Camiño da Xesteira, 2, baixo F, Fene