Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32234

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade 2311-2017, contra as disposicións adicional cuarta, transitoria única e derradeira terceira, número 5, da Lei do Parlamento de Galicia 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; referidas ao réxime do persoal letrado ao servizo do Consello Consultivo de Galicia.

Recurso de inconstitucionalidade 2311-2017, contra as disposicións adicional cuarta, transitoria única e derradeira terceira, número 5, da Lei do Parlamento de Galicia 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; referidas ao réxime do persoal letrado ao servizo do Consello Consultivo de Galicia.

O Pleno do Tribunal Constitucional, mediante providencia do 20 de xuño actual, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade núm. 2311-2017, promovido por máis de cincuenta deputados do Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, contra as disposicións adicional cuarta, transitoria única e derradeira terceira, número 5, da Lei do Parlamento de Galicia 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; todas elas referidas ao réxime do persoal letrado ao servizo do Consello Consultivo de Galicia.

Madrid, 20 de xuño de 2017

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional