Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32235

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 16 de xuño de 2017 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón no seu artigo 11.1 que o Xurado de Expropiación de Galicia é un órgano colexiado permanente da Comunidade Autónoma de Galicia especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial. O dito precepto establece, entre outros aspectos, as funcións deste xurado, que son desenvolvidas mediante o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo Regulamento de Organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado por medio do Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

O artigo 4.2 deste regulamento establece nas súas letras c), d), e) e f), respecto da composición do xurado, que distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, prevese a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

O artigo 4.8, no parágrafo segundo deste regulamento, establece que os vogais a que se refire o parágrafo anterior, poderán ser substituídos polas entidades, organizacións e asociacións que os designasen, e os así nomeados permanecerán no seu cargo, como máximo, polo tempo que restase ao substituído para o cumprimento do seu mandato.

En virtude das ordes do 21 de xuño de 2010 (publicada no DOG do día 2 de xullo), do 9 de xullo de 2014 (publicada no DOG do día 28 de xullo ) e do 5 de maio de 2014 (publicada no DOG do día 12 de maio), pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia, realizáronse os nomeamentos de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. Por circunstancias varias relacionadas co período que lles corresponde por tempo de mandato e outras, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos e a Federación Galega de Municipios e Provincias achegaron cadansúas solicitudes de cambio de representante da institución e unha nova proposta de nomeamento de representantes do organismo/entidade correspondente.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo único

Noméanse as persoas que se relacionan no anexo como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia, segundo o disposto no artigo 4.2, letras d) e f), do Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

1. En representación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños:

Titular: Francisco Alonso Fernández

Suplente: Juan José Vázquez Cerreda

2. En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias:

Suplente: Miguel Fernández Solís

3. En representación do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos:

Titular: José Carlos González Cabo

Suplente: Fernando García Abal