Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2015/559-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio o Acordo do 30 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/559-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT, CT e RBT A Malata.

Concello: Ferrol.

– Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 1.

Lugar: A Malata.

Cultivo: baldío.

Propietario: descoñecido.

Apoio: número 16/4-metros cadrados 9.0.

Afeccións: metros lineais aéreos 3.0.-metros cadrados aéreos 9.0.