Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado da folla de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada «Repotenciación parque eólico Malpica», nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 21 de xuño de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2014/1-1.
Entidade beneficiaria: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).
Denominación da instalación: repotenciación parque eólico Malpica.
Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.
Predio |
Concello |
Titularidade |
Incidencia |
206 |
Ponteceso |
Bautista Ordóñez García |
Notificación infrutuosa |